LG reduce o marco dos seus monitores ata só 1 mm
xoves, 22 de decembro do 2011
LG
Electronics anunciou hoxe a liña de monitores IPS que levará o mes que vén ao
Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas, que perseguen achegar unha
experiencia 3D óptima con elevadas resolucións e ángulos de visión máis amplos.
Os novos monitores repartiranse nas familias DM92, DM82 e DM52, xunto co monitor
D43 3D.
O máis rechamante destes monitores é o LG DM92, que chega cunha resolución de
27 polgadas e un deseño moi coidado, destacando especialmente o seu marco
de só 1 milÃmetro de grosor, o que dá unha aparencia realmente
impresionante a este monitor optimizado para achegar contidos estereoscópicos.
O LG DM82, con 23 polgadas de diagonal, optou por un deseño futurista, e cuns
altofalantes integrados de 7 W, mentres que a familia DM52 poderá adquirirse
tanto en versións de 23 coma de 27 polgadas e unha boa conectividade (como
conectores HDMI e USB para achegar contidos de dispositivos externos).
Para rematar a relación de novos monitores de LG, que estarán dispoñibles
internacionalmente o vindeiro mes de febreiro, temos o LG D43 3D, que promete
imaxes nun 3D brillante e con cores vivas, que incluirá funcións para converter
imaxes 2D en 3D sen software adicional e contará con atallos de teclado para
poder axustar de xeito doado a profundidade das imaxes 3D.