LG renova o seu proxector de tiro ultra-curto

xoves, 20 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Este ano LG vai leva ao CES de Las Vegas a súa segunda xeración de proxector CineBeam Laser 4K, modelo HU85L de tiro curto, que colle o relevo do HU80K e permite aproveitar ao máximo o espazo, á vez que ofrece unha grande calidade de imaxe.
O proxector LG CineBeam Laser 4K pode colocarse a só 5 centímetros de distancia da parede para proxectar unha pantalla de 90 polgadas, e a unha distancia de 18 centímetros xa permitiría chegar até as 120 polgadas. Deste xeito, certas localizacións que non parecería aptas para a instalación dun proxector de vídeo poden gozar desta tecnoloxía.
O proxector tamén integra tecnoloxía de intelixencia artificial, facilitando o uso de ordes de voz en linguaxe natural para poder controlar o dispositivo coa voz se o utilizamos en combinación cun Magic Remote.

A 18 centímetros de distancia o proxector pode xerar unha imaxe de 120 polgadas. Tamén permite achegar contidos dende dispositivos móbiles a través de Miracast.

PUBLICIDADE