LG sorprende cun potente tablet Android con procesador Intel

luns, 28 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Nun momento no que chegan ao mercado numerosos tablets de grande potencial con Windows 8 e procesadores Intel para poder correr versións completas de Windows 8, dende LG sorprenden cun novo Tab Book, un tablet con pantalla IPS de 11,6 polgadas e resolución Full HD que funciona cun procesador Intel Core i5 a 2,6 GHz e 4 Gb de RAM, que vén podía servir como un portátil ordinario, pero que sorprende por vir equipado con Android 4.2.2.
Este curioso equipo tamén ten unha unidade de almacenamento interna SSD de 128 Gb, USB 3.0, saída HDMI, lector de tarxetas micro SD, un grosor de 16,7 milímetros e un peso de 1,05 quilogramos, polo que completa unhas especificacións máis propias dun Ultrabook que dun tablet co sistema operativo de Google, que con esta configuración parece buscar empregarse con teclado externo para tarefas de produtividade, para as que resulta un tanto difícil xustificar a compra dun produto cunhas prestacións tan elevadas.

PUBLICIDADE