LIDL venderá auriculares sen fíos
xoves, 14 de xaneiro do 2021
Unha vez máis os supermercados LIDL sorprenden incorporando
ao seu catálogo produtos tecnolóxicos, que desta volta son uns
auriculares de botón sen fíos cun deseño claramente inspirado nos AirPods
de Apple, pero en cor negra, e que o vindeiro día 25 chegarán ás tendas a un
prezo de 19,99 euros.
Estes auriculares Bluetooth 5.0 integran baterías de 40 mAh cada un para
permitir unha autonomía de até 3 horas de reprodución musical que poden
recargarse no seu estoxo (con capacidade para 5 cargas completas) cunha batería
de 550 mAh que pode cargarse por USB ou por indución (son compatibles con carga
Qi). Os auriculares tamén conta con micrófono para poder falar por teléfono e
botóns para o control das chamadas e a reprodución musical.
Aínda que a autonomía dos auriculares sexa bastante limitada, o seu prezo
competitivo levan a entender que estaremos ante un produto que vai colleitar
boas vendas, facendo que LIDL compita con marcas como Xiaomi ou Realme.