LaCie Little Disk, ata 40 Gb en 1,3 polgadas

xoves, 17 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os discos duros externos están a gañar en portabilidade grazas á redución do seu tamaño, que non só se queda nas unidades de 2,5 polgadas, senón que agora LaCie non impresiona co seu novo Little Disk, de 1,3 polgadas, que só mide 67 x 43 x 17 milímetros e pesa 85 gramos, que se vende en capacidades de 30 e 40 Gb e conta cunha velocidade de rotación de 3.600 rpm. Conéctase ó ordenador a través de USB 2.0 (e mesmo integra o conector para evitar perdelo).

JPEG - 22.7 KB
O LaCie Little Disk agocha o seu conector USB

Aparte de permitir levar os nosos datos no peto, o disco duro inclúe aplicacións informáticas para a realización doada de copias de seguridade (para Mac e Windows) e mesmo permite o cifrado AES de 128 bits para asegurar os datos máis importantes. O prezo deste disco duro en EE.UU. é de 129,99 dólares para a versión de 30 Gb e de 159,99 dólares para a de 40 Gb.

PUBLICIDADE