Leap 3D poderÃa facilitar o control do ordenador mediante xestos sen contacto
luns, 21 de maio do 2012
A startup de San Francisco chamada Leap
Motion vén de dar a coñecer un novo
sistema de control por movemento chamado Leap 3D que achegarÃa unha
experiencia de uso semellante á que ofrece o Kinect da Xbox 360, pero cun nivel
de precisión moi superior, orientándose non á detección do corpo completo,
senón dos propios dedos das mans, para poder controlar o noso equipo
informático mediante xestos, o que permitirÃa tamén trasladar parte da mecánica
de uso de dispositivos como tablets e smartphones,
coa vantaxe de que funcionarÃa grazas a un pequeno dispositivo USB que pretende
venderse por só 70 dólares, aÃnda que haberá que agardar ata o ano que vén para
que este produto chegue ao mercado de consumo.
- Leap 3D poderÃa permitir o uso de xestos para facer zoom nun mapa coma nun smartphone ou nun tablet
Asà como Kinect conseguiu trunfar con xogos deportivos e de baile, o feito de
que, segundo Leap Motion, este novo sistema teña unha precisión 200 veces
maior, serÃa posible crear un espazo tridimensional de interacción fronte a pantalla
do ordenador, de xeito que poderÃa empregarse Leap para navegar polos sistema
operativo e páxinas web empregando os dedos, facer zoom en mapas separando os
dedos, interactuar con modelos de barro en 3D, realizar debuxos en 2D/3D con
precisión, manipular complexas visualizacións de datos en 3D, xogar ou asinar
documentos escribindo no aire, ou sexa, que achegarÃa unha experiencia
comparable ao que no seu dÃa puidemos ver na pelÃcula Minority Report, e que tamén foi o que prometeu Kinect no seu dÃa,
polo que haberá que ser prudente á hora de valorar esta tecnoloxÃa.
Polo momento, Leap Motion xa conseguiu 12,75 millóns de dólares de capital
achegado por Andy Miller (Highland Capital Partners) a primeiros de mes, o que
poderá servir para ir fornecendo esta plataforma que de funcionar como
prometen, poderÃa atraer a numerosos desenvolvedores para adaptar as súas
aplicacións a esta interface de uso.
VÃdeo de presentación da nova tecnoloxÃa de control desenvolvida por Leap Motion