Lector USB de tarxetas M2
martes, 13 de novembro do 2007
Os lectores de tarxetas de memoria normalmente deixan
de lado as pequenas tarxetas dos móbiles, polo que Sony lanzou un lector
USB para tarxetas Memory Stick Micro (M2) que empregan moitos dos terminais
Sony-Ericsson que hai no mercado e que teñen capacidades que van dende os 512
Mb ata os 4 Gb, o que permite o almacenamento de milleiros de fotografías e
cancións nos móbiles.
Ata o momento as tarxetas M2 tiñan unha capacidade máxima de 2 Gb, pero esta
semana estrean
o modelo de 4 Gb, o que permite gardar o dobre de información no mesmo
espazo.