Lector de libros electrónicos cunha pantalla de 10,2 polgadas

luns, 22 de setembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 275.9 KB

O lector de libros electrónicos iLiad vén de recibir ao seu irmán maior, o iRex Digital Reader 1000, que presenta unha pantalla de 10,2 polgadas (semellante ao tamaño dun folio DIN A4) na que se presenta unha imaxe de 1.024 x 1.280 píxeles a 16 niveis de gris na que se poden presentar documentos de múltiples formatos (PDF, TXT, HTML, JPEG, PNG, GIF, TIFF, BMP e Mobipocket PRC) que se poden cargar mediante tarxetas SD (inclúe unha de 1 Gb de capacidade).
O novo iRex 1000 só pesa 570 gramos e ten un espesor de 1,2 centímetros, polo que o seu formato se asemella bastante ao dun libro tradicional e se vende a 499 euros na súa edición básica, existindo tamén outra (a 1000S) que permite o uso dunha pluma para facer anotacións sobre os textos presentado en pantalla que custa 599 euros.
Tamén está anunciado o iRex 1000SW, que aparte das prestacións dos modelos anteriores contará con conectividade sen fíos (Wi-Fi e Bluetooth), aínda que non estará á venda nun primeiro momento, descoñecéndose a súa data de lanzamento.

PUBLICIDADE