Lector de pegadas dixitais compatible con Firefox
venres, 1 de xuño do 2007
Os lectores de pegadas dixitais están a acadar certo protagonismo grazas
á popularización dos seus prezos, permitindo a meirande parte deles tanto a
identificación de usuario ante o Sistema Operativo, a protección de ficheiros e
a xestión de contrasinais en distintas páxinas web (de xeito que o usuario non
ten que lembrar multitude de chaves, e pode entrar no seu correo electrónico ou
en calquera outro servizo web con só premer co seu dedo no lector) pero o
fabricante UPEK vén de mellorar esta última prestación co seu lector Eikon,
dado que soporta
o navegador Firefox (algo que non fai, por exemplo, o lector de Microsoft).
O lector de pegadas
Eikon non só funciona en Firefox, senón que opera co Internet Explorer, e é
compatible tanto con Windows XP coma con Windows Vista (para o que aínda non se
adaptaron boa parte deste tipo de produtos).
O prezo de venda o
lector de Eikon é de 39,99 dólares (29,75 euros), polo que o control biométrico
non parece xa unha prestación típica das películas de axentes segredos.
Como se pode ver, o dispositivo é de doado manexo: