Left 4 Dead 2 poderá xogarse de balde durante a fin de semana

xoves, 25 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Para celebrar o Halloween a xente de Valve decidiu ofrecer o seu xogo Left 4 Dead 2 de balde dende hoxe ata o luns, o que permitirá que xogadores de PC de todo o mundo poidan gozar deste título no que se poden formar equipos en liña para masacrar vagas de zombis.
Para premiar aos xogadores actuais dun xeito orixinal: posibilitando gañar un logro de axudar a sobrevivir durante unha campaña a algún dos usuarios que se acheguen durante a fin de semana para xogar de balde.
Parece que dende Valve esperan convencer a moitos xogadores para mercar Left 4 Dead 2 con esta iniciativa, e para animalos a facelo tamén o oferta cun 75% de desconto en Steam, de xeito que pode mercarse por só 3,49 euros, oportunidade difícil de deixar pasar para que guste de eliminar mortos viventes a tiro limpo.


Anuncio televisivo de Left 4 Dead 2

PUBLICIDADE