Lenovo comeza a comercializar un pequeno portátil cunha pantalla que xira 300 graos
martes, 26 de novembro do 2013
Lenovo está a incorporar á súa gama de portátiles o Lenovo Flex
10, un equipo ultraportátil con pantalla de 10,1 polgadas que destaca por
ter un modo de funcionamento dual grazas a unha pantalla que pode inclinarse
ata 300 graos, de xeito que pode empregarse como un portátil ordinario ou como
un dispositivo táctil ou para a reprodución multimedia de colocar a súa basea ao revés (co teclado mirando cara ao
escritorio).
Este orixinal concepto é posible grazas a que este equipo funciona con Windows
8.1, e pese ao seu curioso formato consegue manter un peso reducido (1,2
quilos) e un grosor relativamente contido (17,3 milímetros). Pode configurarse con procesadores dende un
Celeron N2805 de dobre núcleo ata un Pentium N3510 de catro núcleos, entre 2 e
4 Gb de RAM e ata 500 Gb de disco duro, incluíndo en todas as súas
configuracións cun porto USB 3.0, un porto USB 2.0, HDMI, altofalantes estéreo,
Bluetooth 4.0, Wi-Fi N e webcam de alta definición (720p). A súa batería
estándar de 3 celas achégalle unha autonomía de ata 4 horas e o
seu prezo parte duns 562 dólares (415 euros).
- Ao xirar a pantalla deste equipo potenciamos o seu uso táctil ou para a reprodución multimedia