Lenovo prepara un novo ordenador todo-en-un

xoves, 29 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Os ordenadores todo-en-un parece que están a converterse en toda unha tendencia para os escritorios, e Lenovo tamén a segue, de xeito aproveitará o congreso EDUCAUSE 09 para presentar o seu novo ThinkCentre, equipo do que non temos detalles, agás unha imaxe que dende Lenovo publicaron en Flickr.
Polo momento sabemos que ten 3 portos USB 2.0, tomas para micrófono e auriculares, altofalantes integrados na pantalla, uns botóns de + e – (¿para o control de volume?), así coma micrófono e cámara web, e incluiría un teclado e un rato sen fíos que parecen ser novos modelos de Lenovo. Haberá que agardar para coñecer os detalles coma o procesador do equipo ou se a súa pantalla é multi-táctil.

PUBLICIDADE