Lenovo presenta un casco de realidade virtual autónomo para educación
martes, 21 de xaneiro do 2020
Lenovo
está a asistir estes días ao Congreso da Tecnoloxía do Futuro da Educación
(FETC) de Miami para amosar as súas novas solucións educativas, entre as
que destaca a Lenovo VR Classroom 2, que vén a ser un sistema para a
introdución da realidade virtual nas aulas, que chegará con ferramentas para
que os profesores poidan integrar e sincronizar os contidos inmersivos que se
consomen co casco de realidade virtual coas leccións que estean a impartir.
Este
novo casco de realidade virtual permite realizar tours virtuais e
outros tipos de experiencias inmersivas dun xeito autónomo, ou sexa, sen
precisar dun PC ou dun smartphone para funcionar, á vez que tampouco precisa de
cables, conseguindo unha experiencia de uso simple e cómoda. Está orientado a
mozos de a partires de 13 anos, conta con mando sen fíos para o seu control (na liña de Oculus Go) e
as súas pantallas integradas ofrecen unha resolución de 1.920 x 2.160 píxeles
por ollo cun campo de visión de 110 graos, o que achega unha calidade de imaxe
bastante boa, que permitirá explorar mundos virtuais con grande nivel de
detalle, aínda que neste caso o máis importante desta solución e a súa
integración con Lenovo ThinkReality e LANschool Air, de xeito que tanto os
administradores de sistemas como os mestres poderán xestionar a súa incorporación
nos procesos educativos.
Está previsto que o sistema de realidade virtual Lenovo VR Classroom 2 chegue
ao mercado en primavera.