Lenovo presenta un híbrido entre portátil e tablet

martes, 5 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

A pantalla pode separarse do equipo para funcionar de xeito independente

A chegada de moitos ordenadores tipo tablet en 2010 non colle a ninguén fóra de xogo, pero Lenovo preferiu realizar unha aposta máis versátil, e o seu equipo Lenovo IdeaPad U1 Hybrid que estaría composto por un tablet cun procesador Snapdragon a 1 GHz, 512 Mb de RAM e unha unidade SSD de 16 Gb que funcionaría cunha distribución especial de Linux e que podería conectarse a unha base que o utilizaría coma monitor e que contaría cun procesador Intel Core 2 Duo, 4Gb de RAM e unha unidade SSD de 128 Gb, capaz de correr con Windows 7.
Este dispositivo permitiría así combinar as prestacións dun ordenador portátil cun tablet, pero desfacéndose da idea tradicional dun Tablet PC no que era preciso xirar 180 graos a pantalla do equipo para pasar a modo tablet, pero no que había que cargar sempre co equipo completo, o que resulta bastante incómodo, de aí que Lenovo optase por esta innovadora solución.

O equipo pode funcionar coma un portátil ordinario

PUBLICIDADE