Lenovo presenta un novo tablet con Windows 8 a un prezo axustado
mércores, 7 de agosto do 2013
Na
liña do Samsung
ATIV Tab 3, Lenovo publica na súa páxina web a ficha do seu novo tablet con
Windows 8, o Lenovo Miix
10, que comezará
a distribuÃrse o vindeiro dÃa 16 e que terá un prezo que parte de 599
dólares (450,92 euros) ofrecendo unha experiencia de uso completa (pois opera
cunha versión normal do sistema operativo de Microsoft e non co limitado
Windows RT) e incluso comercializarase cun teclado externo opcional.
O Lenovo Miix 10 funciona cun procesador Intel Atom Z2760 a 1,8 GHz, 2 Gb de
RAM e 64 Gb de almacenamento interno, a súa pantalla IPS de 10,1 polgadas ten
unha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, conta con Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 e
cámara frontal de 1 MpÃxel, micro USB 2.0, lector de tarxetas microSD,
micro-HDMI, 3G opcional e unha baterÃa de 6.800 mAh que achégalle unha
autonomÃa de ata 10 horas. O seu grosor é de só 9,9 milÃmetros e pesa 580
gramos.
Esta excelente opción para quen desexe ter un Windows completo dentro dun
tablet tamén inclúe software especÃfico de Lenovo, como unha aplicación que
emprega a webcam para recoñecer os nosos xestos e asà poder facer certas
funcións sen chegar a tocar a súa pantalla ou mesmo un sistema de recoñecemento
facial para que podamos identificarnos no equipo empregando o noso rostro como
contrasinal (pensando principalmente en tablets compartidos no fogar).
- Entre as opcións do Lenovo Miix 10 está unha funda con teclado