Lenovo vende en China un smartphone cunha baterÃa de 3.500 mAh
martes, 27 de novembro do 2012
O Motorola RAZR MAXX HD ten un novo competidor a nivel de
autonomÃa, pois o mercado chinés recibiu discretamente o novo Lenovo
IdeaPhone P770, un smartphone con Android 4.1, pantalla IPS de 4,5 polgadas
cunha resolución de 960 x 540 pÃxeles, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 4
GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), cámaras de 5 e 0,3
MpÃxeles, unhas medidas de 133 x 67 x 11,9 milÃmetros e un peso de 161 gramos
que poderÃa pasar desapercibido se non fose porque a súa baterÃa é dunha
impresionante capacidade de 3.500 mAh, o que segundo Lenovo permitirÃa 29 horas
de conversa.
Este móbil véndese actualmente en China por 1.699 iuans (210,74 euros), e
dubidamos que saia con esa configuración de tal mercado, pero a capacidade da
súa baterÃa dá a entender que outros terminais seguirán os mesmos pasos durante
os vindeiros meses.
- O Lenovo IdeaPhone P770 é un móbil de grande tamaño acompañado por unha baterÃa á súa altura