Lluon, o PC surcoreano que imita ao iMac

luns, 28 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten do iMac que Apple, que integra un equipo informático completo nunha pantalla TFT pero non queiran pasarse ao Mac terán en breve un ordenador á súa medida, o Lluon do fabricante surcoreano TG Sambo, que integra no seu monitor de 22 polgadas un ordenador, unidade de DVD, 2 portos USB, Ethernet, conectores de audio e outras tomas que poderían atender á demanda dos que buscan un equipo de sobremesa cunha estética especial, que nesta ocasión aposta pola cor negra en vez da aparencia branca dos equipos de Apple.
TG Sambo anunciou que vai internacionalizar este produto, de xeito que se venderá nas tendas norteamericanas de Best Buy, descoñecéndose se tamén chegará a Europa.

PUBLICIDADE