Logi presenta unha cámara para o fogar que rexistra o máis interesante de cada día
mércores, 30 de setembro do 2015
Para os que queiran estar tranquilos cando están fóra do
fogar contemplando a distancia o que acontece no seu interior chega a nova Logi Circle, unha
curiosa cámara doméstica de vixilancia que transmite vídeo en directo en alta
definición que podemos ver en directo dende o móbil (conta con aplicación
de balde para Android e para iOS)
e tamén presenta un curioso informe diario de 30 segundos cos momentos máis
significativos do día (para o que emprega unha tecnoloxía de “intuición de
escena” aprendendo os patróns da nosa actividade doméstica para detectar só a
actividade interesante).
Outra función interesante da Logi Circle é que conta con son bidireccional, ou
sexa, que cando esteamos a distancia podemos empregar a cámara como sistema de
comunicación, incluso movendo a cámara por todo o fogar (xa que integra unha
batería cunha autonomía de até 3 horas de uso continuo).
A Logi Circle conta con conectividade Bluetooth e Wi-Fi N de dobre banda, ten
un ángulo de visión de 135 graos, pode enviar notificacións ao móbil cando algo
aconteza no fogar, inclúe unha base magnética que facilita a súa colocación na
parece e ten un prezo nos EE.UU. de 199,99 dólares.
- A Logi Circle poder servir, por exemplo, para saber o que fai a nosa mascota cando non esteamos na casa
Vídeo promocional da nova cámara Logi Circle