Logitech G13: complemento ideal para os xogadores de PC

mércores, 10 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Logitech presentou un novo dispositivo pensado nos usuarios de videoxogos máis apaixonados, o Logitech G13, unha especie de teclado orientado ao uso de xogos que é compatible tanto con PC coma con Mac e que inclúe 25 teclas programables, un mando analóxico e unha pequena pantalla LCD cunha resolución de 160 x 43 píxeles na que se pode presentar información personalizada.
Este teclado (bautizado coma gameboard polo seu fabricante) ten unha forma cóncava para unha mellor ergonomía e incluso conta con retroiluminación para poder localizar as teclas en ambientes escuros. É altamente configurable e inclúe pre-configuracións para moitos xogos populares coma World of Warcraft: Burning Crusade, Lord of the Rings Online: Shadows of Angmar e Callo f Duty 4: Modern Warfare.
O Logitech G13 saíu estes días á venda por 79,99 euros.

PUBLICIDADE