Logitech desenvolve un rato que funciona no aire
xoves, 12 de xullo do 2007
A
innovación no ratos informáticos limitouse nos últimos anos a pasar da
tradicional bola a un lector mediante LED ou láser, ou coa incorporación da
roda de desprazamento e algún botón adicional, pero agora Logitech quere
incorporar ó mercado unha nova tecnoloxÃa que poderÃa supor unha nova revolución,
posto que o seu MX
Air Mouse funciona non só sobre a mesa, senón que tamén se pode soster no
aire detectando tamén os movementos do rato (o que poderÃa lembrar ó popular Wiimando)
de xeito que semellarÃa máis un mando a distancia que un rato, o que poderÃa
ser unha solución moi axeitada para Media Centers (para o que incluso inclúe
botóns especÃficos coma o de reprodución e pausa).
O
rato funciona mediante radiofrecuencia a 2,4 GHz a unha distancia de ata
uns 9 metros
do receptor conectado ó PC. Chegará ás tendas europeas en agosto, aÃnda que o
seu prezo será un tanto elevado (150 euros).