Logitech estrea 4 webcams de alta definición

xoves, 10 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Moitos equipos informáticos integran sobre as súas pantallas pequenas cámaras web que normalmente capturas imaxes e vídeo cunha resolución de 640 x 480 píxeles, o que parecía máis que suficiente para realizar videoconferencias, pero as melloras nas conexións da Internet e nos sistemas de compresión de vídeo permiten que este tipo de comunicacións xa sexan tan deficientes, polo que Logitech renovou o seu catálogo de webcams incorporando 4 modelos con soporte de alta definición, sendo o modelo máis alto da gama a Logitech HD Pro Webcam C910, capaz de gravar vídeo a 1.080p e tomar fotografías de 10 Mpíxeles e que véndese a 99,99 euros. Tamén destaca a nivel de son, por incorporar 2 micrófonos que permiten rexistrar audio estéreo.
Para usuarios menos esixentes ten outras 3 cámaras que só captan vídeo a 720p (o que é considerado alta definición e que permite unhas videoconferencias de excelente calidade) como a C510, que con sensor de 8 Mpíxeles custa a 49,99 euros; a C310, con sensor de 5 Mpíxeles e un prezo de 39,99 euros; e a C270, con sensor de 3 Mpíxeles e un prezo de 29,99 euros.

A Logitech HD Pro Webcam C910 pode utilizarse comodamente sobre pantallas TFT

PUBLICIDADE