Logitech estrea unha liña de accesorios para xogadores de PC

venres, 2 de setembro do 2016 Marcus Fernández

O fabricante de accesorios informáticos Logitech volve a atender as demandas dos xogadores de PC e estrea unha nova liña de produtos chamada G Prodigy, que busca atender a demanda de periféricos de calidade por parte dos gamers axustando o prezo o máximo posible para facelos relativamente accesibles.
Falamos de ratos, teclados e auriculares que conforman unha nova familia de produtos de Logitech, e que xa están dispoñibles na propia páxina web da compañía. O produto máis económico da nova serie serían os auriculares Logitech G231, que por 61,99 euros ofrecerían unha magnífica calidade sonora, unha almofadas confortables, un deseño lixeiro e un micrófono unidireccional encartable, integrando tamén controis no seu cable, sorprendendo tamén cun deseño que permite que as pezas auriculares poidan xirar e quedar planas (o que reduce a posibilidade de rotura).
A este coidado produto seguiríalle o rato G403, que ofrece unha grande precisión, un magnífico rendemento e un uso confortable, así como numerosas opcións de configuración, que grazas ao ser un modelo con cable consegue ter un prezo de 71,99 euros, mentres que a súa versión sen fíos custa 125 euros, respondendo a diferenza de prezo ás dificultades de fabrican un dispositivo sen cable que teña un tempo de resposta de só 1 milisegundo.
Completa a gama o teclado G213, que cun prezo de 81,99 euros ofrece unha grande velocidade nas súas teclas, iluminación a toda cor das súas teclas (con 5 zonas de iluminación individuais), resistencia a líquidos, reposamáns e patas axustables e controis multimedia específicos.
Aínda que para un profano na materia poida parecer que estamos ante unha gama de produtos de elevado prezo, na práctica estamos ante accesorios de informática con prezos bastante axustados, xa que trátase de dispositivos pensados para un uso moi eficiente e intenso, feitos para responder ben e durar moito, algo que só poden apreciar perfís de usuario moi concretos (como os PC gamers).

PUBLICIDADE