Logitech fai máis cómodo o uso do portátil sobre as pernas

martes, 9 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O uso de ordenadores portátiles no colo é algo que cada vez é máis incómodo e perigoso dado a tendencia que teñen os equipos informáticos a quentarse, e para facer posible unha confortable utilización dos portátiles sobre as nosas pernas cando estamos sentados no sofá dende Logitech comercializarán dende xaneiro por 39,99 euros o Logitech Comfort Lapdesk, unha base que serve para portátiles de ata 17 polgadas que se pode gardar en vertical xunto ao sofá, e que non só serve para illar o portátil das nosas pernas, senón que tamén o inclina uns 12 graos para facer máis doada o manexo do seu teclado.
Este soporte para portátiles conta con 4 capas térmicas que fan que a calor emitida polo equipo informático non nos moleste, e o seu tacto sobre a pel resulta agradable e aínda que o seu prezo sexa elevado está na liña de produtos semellantes coma os que comercializa actualmente Belkin.

O Logitech Comfort Lapdesk facilita o uso do portátil no sofá

PUBLICIDADE