Logitech lanzará un soporte para mellorar o uso dos portátiles

xoves, 2 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Os ordenadores portátiles estanse desnaturalizando, de xeito que o seu uso habitual é o escritorio, para o que non están especialmente ben deseñados, pois a pantalla está nunha posición moi baixa e o teclado é plano, o que non resulta excesivamente cómodo para o usuario, de aí que Logitech decidise deseñar unha especia de soporte para elevar o portátil de xeito que melloraría a súa ventilación inferior e que integraría un teclado externo.
O Logitech Alto tamén incluiría un concentrador con 3 portos USB e comezará a venderse en Europa no mes de decembro a uns 100 euros.
O soporte ten altura regulable, soporta equipos de ata 4 Kg. de peso e pode instalarse en menos de 30 segundos, de xeito que é un accesorio moi práctico e compacto (só mide 23,7 x 42,8 x 3,6 cm). O seu uso permite así a comodidade dun equipo sobremesa sen prescindir da mobilidade dun portátil.

PUBLICIDADE