Logitech presenta novos soportes para portátiles

mércores, 20 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Logitech Alto ExpressPara evitar posturas incómodas durante o uso de ordenadores portátiles coma se fosen equipos de escritorio, Logitech lanzará 3 soportes que permite elevar a posición da pantalla do portátil.
Así, por unha banda presentan o Alto Express, que por 29,99 dólares (22,35 euros) permite simplemente elevar o portátil, aínda que cun deseño moi elegante, mentres que por outra banda o Alto Connect se venderá por 79,99 dólares (59,51 euros) e incorpora un concentrador USB de xeito que podemos empregar a base para conectar un teclado e un rato USB así como outros dispositivos (incorpora 4 conectores).

O Logitech Alto Connect incorpora un concentrador USB

Este tipo de produtos aparece ó mercado xa que o 70% dos usuarios empregan os seus portátiles principalmente no seu fogar, polo que a portabilidade non é o seu elemento chave.
Os usuarios máis esixentes tamén poderían querer adquirir o Logitech Alto, que vén a ser unha solución semellante ó Alto Connect que incorpora un teclado de serie e se venderá a 99,99 dólares (74,52 euros).
Estes novos dispositivos chegarán a Europa no vindeiros meses, de xeito que o Logitech Alto xa debería estar á venda, mentres que o Alto Express chegaría en agosto e o Alto Connect en setembro.

PUBLICIDADE