Logitech presenta o teclado máis delgado do mundo

martes, 2 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O teclado máis delgado do mercado parece que é unha honra que recae polo momento no Logitech Illuminated Keyboard, que ten un grosor de só 9,3 milímetros e que tamén destaca por contar con retroiluminación (o que facilita o seu uso en condicións de pouca iluminación).
Este teclado é bastante elegante, inclúe teclado numérico e mesmo unha parte para repousar as mans do usuario. Amais, as súas teclas de función tamén serven para chamar á aplicación de correo electrónico, a reprodución multimedia e outros atallos habituais nos teclados actuais.
Outra característica destacable do Logitech Illuminated Keyboard é que emprega o sistema de teclas PerfectStroke, que achega unha experiencia de tecleo confortable, fluída e silenciosa, cunha lonxitude de movemento de 3,2 milímetros (mentres que os teclados dos portátiles actuais teñen un percorrido de 2,2 milímetros).
Agárdase a súa venda a partir de outubro por 79,99 dólares.

PUBLICIDADE