Logitech presenta unha cámara para encerados que borra ao presentador
martes, 18 de maio do 2021
O
contexto actual está a provocar que a formación e as xuntanzas corporativas
teñan que realizarse en moitas ocasións de xeito semipresencial, o que supón
todo un reto que superar, e para o que presenta Logitech
Scribe, unha cámara para encerados en salas de videoconferencia que emprega
a intelixencia artificial para facilitar a transmisión do seu contido a través
de servizos como Microsoft Teams ou Zoom.
Esta tecnoloxÃa é moi superior a situar unha cámara ordinaria filmando o
encerado, pois o contido verÃase tapado pola persoa que escribe ou debuxa sobre
a súa superficie, o que pode resultar moi práctico para os usuarios remotos, e en
certos escenarios, tamén para o público presencial (xa que ese contido pode
amosarse en pantallas adicionais, de xeito que está sempre visible na súa
totalidade).
Esta solución tamén permite activar un efecto de transparencia, de xeito que o
presentador amosarÃase de xeito translúcido, podendo asà sinalar elementos
sobre o encerado sen chegar a bloquear a visión do encerado, o que facilita a
comprensión do que se está a explicar.
A cámara Logitech Scribe pode instalarse de xeito doado sobre un encerado (cunhas
dimensións máximas de 2 x 1,2 metros) e, para poder facer uso da mesma chega
con conectala un equipo informático a través de Ethernet (sendo posible
realizar a conexión por USB se queremos empregar esta solución con
practicamente calquera aplicación de videoconferencia). O prezo oficial deste
produto é de 1.299 euros.
- Esta solución de Logitech permite captar os contidos dun encerado para poder transmitilo a través de videoconferencia