Looking Glass Portrait, unha pantalla holográfica persoal
xoves, 3 de decembro do 2020
A
compañÃa estadounidense Looking Glass está a preparar unha especie de marco fotográfico
dixital que vai moito máis aló, xa que presenta imaxes holográficas (e incluso
animacións), ou sexa, imaxes tridimensionais de xeito que o punto de vista muda
o que vemos, dando sensación de volume e profundidade sen precisar de lentes para
tal efecto. Esta proposta pode ser interesante para conservar recordos dun
xeito diferente, pero tamén para artistas, deseñadores, fotógrafos ou
simplemente entusiastas que queiran traballar e xogar coas 3D.
Este produto, o
Looking Glass Display, ofrécese a través de Kickstarter, nunha campaña de
micromecenado que oferta nas primeiras horas o produto 199 dólares, cantidade
que cando o produto chegue a unha fase comercial subirá até os 349 dólares. A
través desta campaña tamén facilitan a posibilidade de conseguir accesorios que
facilitan a captura de contidos tridimensionais, aÃnda que para conseguir
resultados básicos será posible empregar directamente un smartphone, pois
moitos dos móbiles de alta gama rexistran información de profundidade que logo
fan doada a creación de fotografÃas 3D como as que xa estamos afeitos a ver en
Facebook.
Looking Glass non quere que a súa pantalla holográfica se limite a presentar
fotografÃas, e tamén pode reproducir videomensaxes de até 10 segundos, pode
presentar imaxes tridimensionais xeradas coas máis populares aplicacións de
modelado 3D e é compatible con aplicacións interactivas (valéndose dun sensor
Leap Motion e conectando a pantalla a un ordenador persoal), ou sexa, que busca
ser a primeira pantalla holográfica persoal para moitos, aÃnda que
dificilmente veremos un produto deste tipo de xeito habitual no ámbito
doméstico, sendo máis propio a súa aplicación a instalacións creativas e
artÃsticas, onde as 3D poden chamar a atención do público.
VÃdeo promocional do Looking Glass Portrait