Luvas para pantallas táctiles capacitivas
martes, 2 de novembro do 2010
Coa chegada do inverno
atopamos situacións bastante incómodas como que, ao chegar a un ascensor, non
podemos premer nos botóns que marcan o andar ao que queremos desprazarnos sen
quitar as luvas, o que cada día resulta moi molesto porque a problemática
trasládase agora a terminais táctiles coma smartphones
ou tablets, chegando para resolver a
situación unhas luvas chamadas Agloves,
que aparte de protexernos do frío tamén contan coa condutividade precisa para
poder operar interfaces táctiles coma se fosen os nosos propios dedos.
Os Agloves véndense por
17,99 dólares (12,83 euros) e permiten o uso de calquera dos dedos en
pantallas táctiles, pois a condutividade das mans transmítese a través de todo
o tecido das luvas, feito de fibra de nylon
cuberto de prata, o que non impide que poidan lavarse sen perder a súa
eficacia.
A compra dende España destas luvas aínda resulta pouco recomendable, pois os
portes máis económicos dispoñibles son de 27 dólares, polo que os responsables
da compañía comercializadora xa advirten que están a buscar alternativas máis
baratas para a súa distribución global, aínda que non sería de estrañar que en
breve poidamos ver clons das Agloves
en tendas locais ou en tendas chinesas.
Demostración de uso dos Agloves cun iPad
- O feito de permitir o uso dos 10 dedos sobre pantallas capacitivas e o principal reclamo dos Agloves
- Os Agloves poden empregarse co iPad