Mando arcade de Mad Catz inspirado en Marvel vs Capcom 3
martes, 1 de febreiro do 2011
A un par de
semanas para a chegada ás tendas do xogo Marvel
vs Capcom 3: Fate of Two Worlds confirman que Mad Catz vai comercializar mandos
arcade para PlayStation 3 e Xbox 360 coa imaxe deste novo tÃtulo de loita,
que estarán construÃdos con compoñentes con calidade de máquina recreativa
subministrados polo prestixioso fabricante xaponés Sanwa Denshi.
Como xa aconteceu cos mandos do mesmo fabricante comercializados co gallo do
lanzamento de Street Fighter IV é de
agardar que haxa problemas de abastecemento destes mandos, por seren unha
edición limitada (dunhas 5.000 unidades) polo que o seu elevado prezo (159
dólares nos EE.UU.) non parecen ser o suficientemente disuasorio para os
amantes deste tipo de tÃtulo que queren revivir no seu fogar a experiencia de
botar unha partida nas case desaparecidas salas de xogos.