Mandos a distancia para presentacións de Logitech

mércores, 5 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O R400 é un modelo de mando básicoPara os profesionais que realizan habitualmente presentacións de PowerPoint (ou semellantes) Logitech lanza un par de mandos a distancia que permiten controlar sen fíos o software de presentacións e integra un punteiro láser para sinalar na pantalla os elementos que queiran destacarse.
O mando máis básico sería o Logitech Wireless Presenter R400, que ten unha cobertura de 15 metros e conta cun punteiro de láser vermello, mentres que os usuarios máis esixentes poden optar polo Logitech Professional Presenter R800, que ten unha cobertura de 30 metros, conta cun punteiro de láser verde e integra unha pantalla LCD na que podemos ver o tempo transcorrido nas presentacións e mesmo conta con vibración para realizar alertas silenciosas que axuden a manter un ritmo constante durante unha exposición sen ter que mirar o reloxo indiscretamente. Estes mandos véndense a 49,99 e 99,99 dólares respectivamente, e ambos inclúen o seu correspondente receptor USB.

O Logitech Professional Presenter R800 ten unha cobertura de 30 metros e conta con pantalla LCD e vibración

PUBLICIDADE