Mans libres con só 5 milímetros de grosor

xoves, 16 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Newton Peripherals presentou MoGo Talk, un sistema de mans libres Bluetooth que chega en dúas orixinais variantes: unha para funcionar co iPhone e outra para empregar en ordenadores portátiles para o Skype ou outras aplicacións de VoIP. Ambos sairán á venda en agosto por 99 dólares (uns 70 euros) e comparten a meirande parte de características técnicas (un tamaño de 24 x 50 x 5 milímetros, un peso de 9 gramos, unha cobertura de ata 10 metros, unha autonomía en conversa de ata 4 horas e en espera dunha semana, supresión de eco e compensación activa de ruído) destacando a versión para PC por incluír un adaptador que permite gardar o dispositivo nunha fenda Express Card 34 ou 54, dende a que tamén carga o propio mans libres.

PUBLICIDADE