Mans libres sen fíos con base para distintos tipos de telefonía

mércores, 1 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O Jabra GO 6400 é ideal para utilizar no escritorio

Os sistemas de mans libres sen fíos non están só ao alcance dos terminais de telefonía móbil, senón que tamén poden aplicarse á telefonía fixa, e Jabra atende esta demanda con dous novos sistemas de auriculares con micrófono: o Jabra GO 6400 que emprega tecnoloxía Bluetooth e o Jabra PRO 9400 que emprega tecnoloxía DECT (conseguindo unha maior cobertura). Ambos sistemas funcionan a través dunha base que integra unha pantalla táctil capacitiva (por contacto) de 2,4 polgadas para axustar o volume, remarcar números e incluso conmutar entre tipos de chamada (cada base pode manexar liñas fixas, móbiles e incluso chamadas de VoIP).
Estes sistemas de mans libres incorporan dous micrófonos para poder aplicar así tecnoloxía de redución de ruído, e recárganse conectándoos á súa base correspondente coma se dun teléfono sen fíos se tratase.
Haberá que agardar a setembro para ver estes novos dispositivos á venda.

O Jabra PRO 9400 opta pola tecnoloxía DECT para dar unha ampla cobertura

PUBLICIDADE