Marco dixital Blusens D.7

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A galega Blusens xa conta cos seus propios marcos dixitais, entre os que podemos destacar o Blusens D.7, que cunha pantalla TFT de 7 polgadas en formato panorámico (cunha resolución de 480 x 324 píxeles) nos permite tanto ver fotografías en formato JPEG como escoitar música en MP3 e WMA simultaneamente.
Os ficheiros se cargan mediante tarxetas de memoria SD, MMC, MS, XD e CF, e aparte de imaxes tamén nos permite reproducir vídeos en MPEG-1, MPEG-2 e MPEG-4 (Xvid). Tamén conta con funcións de alarma, reloxo e calendario.
O D.7 mide 225 x 160 x 30 milímetros, e se vende por 89 euros. Como detalle final cómpre destacar que ten saídas de audio e vídeo, polo que poderiamos empregar este marco dixital para ver fotografías e vídeos no televisor.

PUBLICIDADE