Meizu presenta o MX6 para facer máis accesibles os móbiles de elevadas prestacións

martes, 19 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Para chegar a un mercado máis amplo, Meizu quere facer máis asumible a súa gama alta, e como alternativa económica ao Meixu PRO 6 presenta o Meizu MX6, un terminal cunhas especificacións moi completas, cunha pantalla Full HD de 5,5 polgadas, procesador MediaTek Helio X20 de 10 núcleos a 2,3 GHz, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno, cámaras de 12 e 5 Mpíxeles, Android 6.0, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, lector de pegadas dixitais, dobre SIM, USB-C, batería de 3.060 mAh con carga rápida (que pode completarse en 75 minutos), un grosor de 7,25 milímetros e 155 gramos de peso que sairá á venda por 1.999 iuans (270,97 euros).
O novo terminal estará dispoñible en 4 cores de carcasa diferentes (ouro, gris, prata e rosa), e parece estar a buscar reaccionar á competencia, ofrecendo unhas prestacións avanzadas a un prezo axustado, sen esquecer unha construción robusta e de deseño coidado.

O Meizu MX6 combinan un deseño moi coidado cunhas boas prestacións e un prezo moi axustado

PUBLICIDADE