Memorex anuncia un económico reprodutor multimedia con pantalla táctil

venres, 9 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 41.2 KB

O iPod Touch puxo de moda os reprodutores multimedia con pantalla táctil, pero outros fabricantes conseguen unhas prestacións bastante aceptables por un prezo moi inferior, e así Memorex anuncia o TouchMP, un reprodutor con 8 Gb de capacidade, pantalla táctil de 2,8 polgadas, reprodución de MP3, WMA, WAV, WMV, MPEG-4, AVI (en MPEG-4) e audiolibros Audible, soporte de podcasts, lector de tarxetas microSD, gravadora de voz e radio FM por un prezo de só 99 dólares, aínda que haberá que agardar á primavera para poder adquirir este completo produto.

PUBLICIDADE