Memoria USB TDK de 16 Gb

xoves, 12 de marzo do 2009 Marcus Fernández

As memorias USB non paran de medrar en capacidade e prestacións para competir nun dos mercados máis dinámicos que podemos lembrar, e como exemplo temos a TDK TRANS-IT que se vende en capacidade de 2, 4, 8 e 16 Gb, custando o modelo superior só 30 euros, quedando en evidencia que as memorias flash teñen agora un uso que vai moito máis aló de gardar documentos de texto e imaxes.
Amais, esta memoria compatible con Windows e Mac OS X integra unha solución que permite protexer o acceso ao seu contido mediante contrasinal, para o que non será preciso instalar unha aplicación dende CD, senón que o propio dispositivo é auto-instalable (algo cada vez máis habitual, e que agradecen os usuarios).

PUBLICIDADE