Meraki anuncia o primeiro repetidor exterior Wi-Fi que funciona con enerxía solar

martes, 5 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Meraki quere satisfacer a demanda de equipamento para a instalación de redes sen fíos en comunidades e veciñanzas (así coma no rural) que elimina unha limitación habitual noutras instalacións: a dependencia de infraestruturas eléctricas.
Así, Meraki conta cun repetidor Wi-Fi que funciona cun panel solar e que se venderá por 99 dólares, de xeito que se pode colocar nos exteriores dos edificios reducindo substancialmente as labores de instalación e mantemento e permitindo dar cobertura a redes sen fíos a distancias de ata 213 metros (usándose en combinación co Meraki Mini) que poderían chegar ós 29 quilómetros de establecer comunicacións con antenas direccionais.
Este interesante dispositivo sairá no verán, cando se coñecerá tamén o prezo do panel solar necesario para alimentar este repetidor exterior (prometendo a compañía un prezo competitivo).

PUBLICIDADE