Micro Drone 3.0: un pequeno trebello voador que pode transmitir vÃdeo en directo a través da Internet
martes, 16 de xuño do 2015
A compañÃa británica Extreme Fliers, encabezada por Vernon
Kerswell, leva varios anos comercializando pequenos drons de xoguete, que foron evolucionando até chegar a un momento no que poden
innovar e destacar nun mercado saturado, para o que decidiron recorrer ao
micromecenado, polo que a súa terceira xeración de drons de reducidas
dimensións opta por lanzarse a través dunha campaña
de micromecenado en IndieGoGo que facilitará que o Micro Drone 3.0 poida
converterse en realidade no vindeiro mes de novembro.
Este novo produto serÃa un dos drons máis pequenos, manobrables e
personalizables do mercado que integre unha cámara de alta definición que
conseguirá unha imaxe moito máis estable grazas á combinación de sensores de
movemento que permiten que o Micro Drone 3.0 teña uns movementos precisos e un
sofisticado micro gimball, que serÃa
o máis pequeno do mercado e permitirÃa que a cámara mantivese a estabilidade
mentres o dron se despraza.
O Micro Drone 3.0 ten sistemas de nivelación automática para que o usuario
poida manexalo de xeito doado (evitando unha longa curva de aprendizaxe), é
capaz de voar invertido, pode voar incluso con ventos de 72 quilómetros/hora,
ten un deseño modular, a súa cámara grava vÃdeo a 1.280 x 720 pÃxeles a 30
cadros por segundo, comunÃcase por Wi-Fi con móbiles para facilitar a captura
de imaxes e a gravación de vÃdeo, é compatible con solucións de baixo custo de
realidade virtual como o cartón de Google (comercialÃzase cun clon do mesmo)
para permitir simular voos en primeira persoa e, como elemento máis
salientable, está pensado para un uso social, xa que será compatible con
servizos de streaming de vÃdeo en
directo como Meerkat, o que permitirÃa que as súas imaxes puidesen compartirse
co mundo en tempo real a través destas novas plataformas que están a coller
bastante pulo nos smartphones.
No que se refire a aplicacións móbiles (para
Android e iOS) non só facilitará o control remoto do dron, senón tamén a
realización dos mencionados streamings
e a edición das imaxes e do vÃdeo capturado (para recortar imaxes, corrixir a
cor, estabilizar o vÃdeo, realizar capturas de fotografÃas panorámicas...).
EstarÃamos asà ante un produto de 145 x 55 x 50 milÃmetros e 71 gramos de peso,
cunha autonomÃa de até 8 minutos, que conseguirÃa achegar prestacións realmente
avanzadas para un trebello de iniciación que neste momento pode conseguirse por
125 dólares (129 euros cos gastos de envÃo incluÃdos), prezo que facilitou que
a campaña de micromecenado se completase con éxito en poucas horas.
VÃdeo de presentación do Micro Drone 3.0