Microscopio USB
luns, 30 de outubro do 2006
O Cheminova, o Quimicefa, o Microscopio 2002... sen dúbida, agasallos de Nadal educativos que moitos puidemos empregar na nosa infancia para aprender algo novo á vez que xogabamos, pero que agora estnase a modernizar, e asà o rudimentario Microscopio 2002 xa ten un herdeiro tecnolóxico moi avanzado: o USB Digital Microscope.
Este curioso microscopio conéctase ó ordeandor por un porto USB e mediante unha iluminación LED consegue captar imaxes ampliándoas ata por 300, amosándoas no ordenador a unha resolución de 640 x 480 pÃxeles, podendo tomar tanto imaxes coma vÃdeo.
O microscopio dixital por USB permite asà que vexamos dende os detalles dun billete ata o deseño dun chip informático, o que permite que os cativos poidan satisfacer a súa curiosidade con este curioso periférico informático que se vende a un 31,45 euros.