Microsoft actualiza varias das súas aplicacións móbiles para aproveitar mellor os smartwatches

venres, 7 de agosto do 2015 Marcus Fernández

O servizo de tradución de Microsoft pode empregarse agora directamente dende o Apple Watch

Aínda que non sexa un fabricante importante de smartwatches, Microsoft é unha compañía comprometida cos wearables, sendo das pioneiras á hora de adaptar as súas aplicacións de produtividade a Android Wear e Apple Watch, e incluso permitindo o uso de Cortana coa súa Microsoft Band, e continuando nesta liña está a presentar novos avances significativos.
Por exemplo, para os usuarios de Apple Watch está a ofrecer unha nova versión de Outlook que permítelles consultar o correo electrónico e o calendario dende o pulso, permitindo incluso a interacción instantánea con estes contidos (arquivando/borrando mensaxes ou adiando eventos programados). Incluso permite comprobar as mensaxes de correo sen ler e a seguinte actividade na nosa axenda dende a pantalla de desbloqueo do reloxo.
Outra prestación moi interesante é a de Microsoft Translator, que chega simultaneamente a Apple Watch e Android Wear, e que permite falarlle ao reloxo para recibir traducións instantáneas en 50 idiomas, permitindo tamén a navegación entre as traducións empregadas con maior frecuencia ou consultando o historial coas últimas frases empregadas. Este servizo funciona a través dunha aplicación para o móbil na que podes realizar traducións de texto introducindo os contidos a traducir directamente dende a pantalla so smartphone.

OneNote e OneDrive estrean melloras para Android Wear

Tamén resulta atractiva a actualización de OneDrive para Android Wear, que aparte de estrear unha esfera da aplicación (que permite, por exemplo, que as fotografías que subamos a OneDrive nos últimos 30 días aparezan no reloxo cada vez que o activamos, tamén permite recibir notificacións cada vez que se edita algún documento compartido.
OneNote tamén se pon ao día para os reloxos con tecnoloxía de Google, e agora, aparte de poder ditar anotacións, tamén pódense ver as últimas notas dende o reloxo, evitando así que teñamos que coller o teléfono para facer tal.

PUBLICIDADE