Microsoft amplÃa a gama económica de smartphones Lumia
mércores, 14 de xaneiro do 2015
Mentres
seguimos á espera para ver o primeiro móbil insignia con Windows Phone lanzado
baixo a marca de Microsoft, vemos como a compañÃa de Redmond continúa a
reforzar as súas gamas máis baixas e de consumo masivo, o que o mes que vén vai
chegar a un rango de prezos inédito co lanzamento
dos Lumia 435 e Lumia 532, que custarán aproximadamente 69 e 79 euros
respectivamente, facendo extraordinariamente asumible un smartphone con Windows
Phone 8.1, que incluso incluirán Office, Skype (facilitando as
videoconferencias, pois contan con cámara frontal) e 30 GB de almacenamento en
OneDrive.
- O Lumia 435 parece claramente orientado para os mozos, polas súas cores rechamantes e os seus prezos axustados
Temos asà que o Lumia 435,
co seu prezo aproximado de 69 euros, serÃa o smartphone con Windows Phone 8.1
máis económico do catálogo de Microsoft, o que supón un prezo realmente
axustado se temos en conta que xa estamos cun dispositivo cun procesador
Qualcomm Snapdragon 200 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de RAM (evitando asà as
limitacións dos terminais con 512 MB), 8 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 128 GB), pantalla de 4 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 pÃxeles, cámaras de 2 e 0,3 MpÃxeles, baterÃa de 1.560
mAh, 11,7 milÃmetros de grosor e 131,85 gramos de peso. Un dispositivo a ter moi
en conta que en certos mercados chegará coa posibilidade de empregar dobre SIM.
Continuando coa estética habitual da familia Lumia, o teléfono venderase con
carcasas de cor branca, negra, verde ou laranxa.
VÃdeo de presentación do Lumia 435
Para usuarios algo máis esixentes teremos o Lumia 532,
que continúa a ter un prezo moi axustado (uns 79 euros) pero que mellora ao seu
irmán en procesador (agora cun Qualcomm Snapdragon 200 de catro núcleos a 1,2
GHz) e na cámara, xa que a súa cámara
frontal ten unha resolución de 5 MpÃxeles.
Estamos claramente ante bos teléfonos de entrada, que grazas ao seu deseño
poderÃan resultar atractivos para a xente moza.
VÃdeo de presentación do Lumia 532
- Ao estar equipados con 1 GB de RAM os novos smartphones poden correr todo o catálogo de aplicacións de Windows Phone 8.1