Microsoft lanzará novos reprodutores Zune
mércores, 3 de outubro do 2007
- J. Allard e Bill Gates amosan os novos Zune
Despois de meses
de rumores se confirma o lanzamento de novos reprodutores multimedia de
Microsoft, de xeito que medra a familia do Zune, que ten agora versións tanto
con disco duro coma con memoria Flash.
Os novos Zune sairán nos EE.UU. no mes de novembro, renovan
a súa interface de uso, incluirán soporte de codecs de vÃdeo H.264 e MPEG-4
(o que evitará a transcodificación a WMV deste tipo de ficheiros como acontecÃa
coa súa versión anterior), sincronizan vÃdeos con ordenadores con software
Media Center, poden sincronizarse cun ordenador a través de Wi-Fi, soportan podcasts (que se poden compartir mediante
Wi-Fi) e contarán
con toda unha nova gama de accesorios.
VÃdeo no que se poden ver os novos reprodutores multimedia de Microsoft |
O Zune de maior capacidade será o Zune 80, que incluirá un disco duro de
80 Gb, contará un d-pad táctil de
catro direccións, pantalla de 3,2 polgadas cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles,
e reduce o seu tamaño ata 61,1 x 108,2 x 12,9 mm. Venderase a 250 dólares.
Por outra banda, a novidade serán os Zune 8 e Zune 4, que contarán con 8 e 4 Gb
de capacidade de almacenamento respectivamente, unha pantalla de 1,8 polgadas e
medirán 41,4 x 91,5 x 8,5 mm.
Os seus prezos de venda serán de 200 e 150 dólares.