Microsoft podería lanzar en breve un rato táctil de seu

mércores, 18 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Leva tempo rumoreándose que Microsoft está a preparar un rato con capacidades táctiles en resposta do Magic Mouse de Apple, e agora unha tenda xermana vén de publicar na súa web a ficha do posible Microsoft Arc Touch Mouse, que sería un rato con forma arqueada para un cómodo uso (que podería aplanarse para o seu transporte) e que contaría con sensor con tecnoloxía Blue Track (o que facilita o seu uso sobre case calquera superficie), indicador de batería, receptor USB ultra-compacto (que pode agocharse no compartimento da batería cando non está en uso), comunicación sen fíos na banda dos 2,4 GHz, un elegante deseño simétrico (o que agradecerán os xergos) e unha zona táctil para a realización de desprazamentos verticais (en vez da tradicional roda de scroll).
O prezo de venda deste novo rato sería de 69,99 euros (moi semellante aos 71 euros do Magic Mouse de Apple) e a súa data de lanzamento estimada sería o 13 de outubro, aínda que non hai información oficial ao respecto.

PUBLICIDADE