Microsoft presenta un novo smartphone económico con dobre SIM

mércores, 15 de abril do 2015 Marcus Fernández

Microsoft continúa a engordar o seu catálogo de smartphones de baixa gama, antes de lanzar un novo flagship que acompañe ao lanzamento de Windows 10, e así presenta o Lumia 540 Dual SIM, un teléfono que comercializarase a un prezo aproximado de 149 dólares, o que é un prezo moi axustado para un terminal que está moi próximo ao que serían os primeiros smartphones de alta gama desta xeración.
O Lumia 540 Dual SIM conta cunha pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 200 de 4 núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, batería de 2.200 mAh, un grosor de 9,35 milímetros e un peso de 152 gramos. Temos así que este smartphone con Windows Phone 8.1 tería como principal limitación que carecía de 4G, aínda que a súa conectividade 3G chegaría até velocidades de 42,2/5,76 Mbps.
Este novo teléfono venderase en cores negra, branca, laranxa e azul a partires de primeiros de maio.

JPEG - 109.3 KB
Entre as vantaxes do Lumia 540 temos o software que incorpora Microosft nos seus terminais
JPEG - 97.5 KB
Pese a estarmos ante un smartphone económico, o seu deseño é bastante atractivo

PUBLICIDADE