Microsoft presenta unha cámara avanzada para as súas pantallas interactivas
mércores, 16 de marzo do 2022
A familia
de equipos Surface Hub, composta principalmente por pantallas táctiles
interactivas de grande formato para o traballo en grupo, está
a recibir interesantes novidades para mellorar a colaboración en espazos de
traballo hÃbridos entre as que destaca a Surface Hub 2 Smart Camera, unha
webcam avanzada que tira proveito da intelixencia artificial para que as imaxes
captadas polo seu sensor de 12 MpÃxeles e cun angular de 136 graos poidan verse
sen distorsión de ángulo e lente á vez que a imaxe tamén muda o seu encadre
automaticamente para amosar a todas as persoas que participen nunha xuntanza en
liña.
Esta cámara promete captar coa mesma nitidez a persoas que estean preto (4
metros) ou lonxe (8 metros); é capaz de detectar a persoas en distintas
posturas, condicións de luz e habitacións para asegurarse de que se recollen na
imaxe; e tira proveito dunha capacidade de cálculo impresionante (1 Teraflop)
para conseguir un resultado que supón todo un avance para as actividades de
colaboración realizadas a través de, por exemplo, unha pantalla interactiva Surface
Hub 2S.
a Surface Hub 2 Smart Camera acaba de saÃr á venda a un prezo oficial de 799,99
dólares e a partir do 31 de maio incluirase co Surface
Hub 2s de 85 polgadas (que custará 21.999,99 dólares).
VÃdeo de presentación da Surface Hub 2 Smart Camera