Microsoft renova o seu Arc Mouse

mércores, 3 de maio do 2017 Marcus Fernández

Na presentación do novo portátil de Microsoft, o Surface Laptop, podía verse a carón do novo equipo un rato coa orixinal forma arqueada que que supuxo unha revolución hai 9 anos, xa que estamos ante ratos cun deseño moi plano durante o seu transporte que pode curvarse para o seu uso, conseguindo unha forma voluminosa que mellora considerablemente a súa ergonomía, de xeito que o seu manexo é confortable.
Aínda que polo momento non sabemos cando chegará ás tendas, a tenda en liña de Microsoft xa lista o novo Surface Arc Mouse a un prezo de 79,99 dólares, estando dispoñible en cor burdeos, azul cobalto e gris claro, de xeito que casaría coas cores do novo Surface Laptop.
Este rato Bluetooth pode curvarse de xeito que se axusta á forma da man durante o uso, pero ocupa pouco durante o seu transporte (resultando doado facerlle espazo en bolsas de transporte) e desta volta mudaron o deseño da zona que serve de botóns e barra de desprazamento, de xeito que agora é unha superficie táctil que facilitan tanto os desprazamentos en vertical como en horizontal, polo que convértese nunha interesante ferramenta para mellorar a produtividade de ordenadores portátiles.
Mide 131 x 55 x 14 milímetros, pesa 82,49 gramos e funciona con 2 baterías AAA alcalinas que achegan unha autonomía de até 9 meses.

PUBLICIDADE