Misfit Flash, unha nova pulseira deportiva que custará só 49,99 dólares
martes, 16 de setembro do 2014
Agora
que están a emerxer os smartwatches, parece que os nosos pulsos non se van
librar de vestir algún tipo de trebello electrónico no futuro, pero para caer
ante esta tendencia non é preciso lanzarse a utilizar complexos dispositivos de
elevado custo, senón que hai moitos que se conforman por apostar polas
populares pulseiras cuantificadores ou monitorizadoras de actividade, entre as
que destaca considerablemente a nova
Misfit Flash, que chegará ao mercado a mediados de outubro a un prezo de só 49,99 dólares (38,56
euros).
Esta nova pulseira é somerxible até 30 metros, cómoda, con deseños deportivos en
varias cores e cun alo de 12 LED que amosa o noso nivel de actividade diario. A
Misfit Flash mide a actividade diaria e o sono (indicando a duración e a
calidade do descanso); pode sincronizarse co smartphone (conta con aplicacións
para iOS e Android, e en breve, tamén para Windows Phone) para poder ver os
pasos que damos cada dÃa, a distancia que percorremos e as calorÃas que
queimamos; funciona cunha baterÃa substituÃble (CR2032) cunha autonomÃa de 6
meses; é apta para rexistrar unha ampla variedade de actividades deportivas
(nadar, correr, andar en bicicleta, fútbol, baloncesto...); e non só pode
levarse no pulso, senón que tamén pode separarse da súa correa para levala no
peto, no calzado, nun calcetÃn... ou incluso coma colgante. Este curioso
trebello mide 28,5 x 28,5 x 8 milÃmetros, pesa 6 gramos, integra un
acelerómetro de 3 eixes e comunÃcase mediante Bluetooth.
- Este novo accesorio pode levarse enriba con ou sen correa