Mo1: o móbil de Imaginarium para os pequenos da casa
mércores, 4 de outubro do 2006Imaginarium e Movistar venden o primeiro terminal deseñado para que os cativos fagan un bo uso do móbil
As tendas de Imaginarium xa incorporaron nos pasados meses ó seu catálogo reprodutores de MP3 deseñados especificamente para nenos, e agora entrará na telefonía móbil co Mo1, que será o primeiro móbil pensado para axudar ós pais a educar ós seus fillos no uso correcto deste sistema de comunicación case omnipresente na nosa sociedade actual.
O Mo1 chegará a España a primeiros de decembro, grazas a un acordo de Imaginarium con Movistar, e será un innovador terminal ergonómico, funcional (só ten 4 teclas, cas que 2 son de marcación rápida) e moderno desenvolvido en colaboración con Vitelcom.
Ademais, estes móbiles pensados para os cativos só poderán recibir chamadas doutros teléfonos incorporados á súa axenda por parte dos país do neno (que poderán facer tal a través dunha web de acceso restrinxido) e tamén conta cun altofalante para o seu uso en mans libres.
Coas limitacións impostas ó novo terminal búscase ensinar ós pequenos a facer un bo uso do móbil, e se poderá mercar por 59 euros tanto nas tendas de Imaginarium coma nos puntos de venda de Movistar.