Móbil chinés con Windows XP

luns, 22 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Os smartphones con Windows Mobile gozan dunha boa implantación no mercado en boa medida grazas aos terminais fabricados por HTC, pero un fabricante chinés sorprendeu no Computex 2009 presentando un terminal con teclado QWERTY deslizante, pantalla táctil de 4,8 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador AMD, ata 1 Gb de RAM, ata 64 Gb de SSD, mini-touchpad e funcionando co sistema operativo Windows XP, sendo o primeiro móbil en facer tal.
O xpPhone tamén ten unha conectividade moi ampla (HSDPA/HSUPA, Wi-Fi, WiMAX, Bluetooth, GPS e USB), conta con saída VGA e a súa autonomía só sería de 5 horas. Este dispositivo é máis parecido a un MID que a un teléfono móbil (principalmente polo seu tamaño e peso) e descoñécese o seu prezo e a súa data de lanzamento.


Prototipo do xpPhone visto no Computex 2009